Compositor, produtor musical e técnico de gravación e posprodución de son, adícome á creación de música orixinal para medios audiovisuais. Os meus traballos inclúen bandas sonoras para curtametraxes, documentais e videoxogos, música para publicidade, música corporativa, músicas de cabeceira e elementos de continuidade para TV e para contido online. Tamén posúo a miña propia discografía.
A miña produción musical caracterízase pola súa variedade estilística, a súa versatilidade, e por unha rápida adaptación ás necesidades do cliente. O meu traballo distínguese pola seriedade e total implicación nos proxectos que realizo, ademais dunha constante análise e asimilación de elementos das últimas tendencias musicais en TV, cine, series e videoxogos.